Saltar ao contido

Made in Galiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Made in Galiza
Título orixinalMade in Galiza
Autor/aSéchu Sende
CubertaPancho Lapeña
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria n.º 244
Xénero(s)Narrativa
Editorialeditorial Galaxia
Data de pub.maio 2007
Formatorústica
Páxinas156
ISBNISBN 978-84-7154-091-1
editar datos en Wikidata ]

Made in Galiza é unha obra literaria de Séchu Sende, publicada en maio de 2007. Recibiu o Premios Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editoras dese ano[1].

O libro está dividido en 42 capítulos, e trata aspectos sociolingüísticos contemporáneos da lingua galega, e outros temas como a ecoloxía ou o sentido da vida.

En 2023 foi levado ao teatro por Sarabela Teatro, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.[2]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Ao turco por Xosefa Baamonde e Irfan Guler.
  • Ao kurdo co título de Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim ("Nin en soños vou perder a miña lingua").[3] Recibiu o premio ao mellor libro en kurdo dese ano.

As dúas traducións foron publicadas pola editorial Avesta en 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]